EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O Clúster da Pizarra de Galicia “lamenta profundamente” o accidente acontecido esta mañá nunha canteira valdeorresa

O Clúster da Pizarra de Galicia, que aglutina a máis de 40 empresas do sector na comunidade autónoma, vén de emitir un comunicado no que “lamenta profundamente o falecemento dun traballador no accidente laboral que tivo lugar esta mañá no avance dun túnel dunha canteira emprazada en Vilamartín de Valdeorras (Ourense). A Directiva da organización quere trasladar publicamente as súas condolencias aos familiares e achegados do falecido”.

No suceso resultou ferido un segundo operario por cuxa situación a directiva deste Clúster “tamén expresa a súa consternación”, destacando que estará pendente da súa evolución clínica.

Artigos relacionados

Back to top button