O Clúster da Pizarra de Galicia vén de premiar novamente a excelencia nos estudos e nesta semana entregaba os seus Premios aos Mellores Expedientes de Bacharelato das zonas de Quiroga, A Rúa e O Barco de Valdeorras.
O premio consiste nun talón de 300 euros para cada estudante. En Quiroga a mellor estudante foi Xasmín Marcos Lama, na Rúa, Fernando Rodríguez Rodríguez, do IES Cosme López, e no Barco, Sandra López Pérez, do IES Lauro Olmo.
Os tres alumnos tiveron notas medias en Bacharelato superiores ao 9,83. Unhas excelentes cualificacións que ratificaron posteriormente nas probas da ABAU. O xerente do Clúster da Pizarra de Galicia, Severino González, foi o encargado de facer entrega dos cheques nos tres centros educativos.
Fotos cedidas.