EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

O Clúster da Pizarra pide unha “solución inmediata que permita restituír o servizo eléctrico na zona de Quiroga”

A interrupción afecta a empresas do sector da lousa que realizan a súa actividade nesta comarca

 

Diferentes emprazamentos do municipio de Quiroga (Lugo) levan un par de días sen subministración eléctrica, o que está a afectar á actividade louseira da zona. Por este motivo, o Clúster da Pizarra de Galicia esixe unha solución inmediata que permita a restitución do servizo para que as compañías do sector situadas na zona poidan operar con normalidade.

O Clúster da Pizarra de Galicia sinala que “non se trata dunha incidencia puntual, senón dun problema que se produce con frecuencia e solicita á empresa eléctrica subministradora un maior investimento no mantemento das súas infraestruturas na zona para garantir o seu servizo. Un servizo que -como é lóxico- impide ao sector da lousa emprazado na zona poder desenvolver o seu traballo e provoca importantes perdas económicas que lastran a súa competitividade”, sinalan dende esta agrupación empresarial.

Artigos relacionados

Back to top button