DeportesNataciónÚltima hora

O CN Escualos fará un ‘stage de pretempada’ na Estación de Montaña Manzaneda

CN Escualos na Estación de Montaña Manzaneda.

 

Tras un ano “incrible” coa participación no Campionato de España incluída, o Club Natación Escualos prepárase para uniciar unha nova tempada, con”moita actividade e más ilusión que nunca”.

Así logo da presentación do equipo competitivo en Be One As Lagoas de Ourense para facer a foto oficial, o vindeiro venres unha representación de nadadores do club desprazaranse ata a Estación de Montaña Manzaneda para realizar un stage de pretempada como xa fixeran o ano pasado.

Alí, ademáis dos adestramentos de natación que “serán moi continuos” tamén aproveitarán o tempo para correccións técnicas, visionado de vídeos e a realización doutras actividades como tiro con arco, telecadeira, circuíto termal, etc. “Uns días importantes para facer equipo e coller enerxías para unha tempada longa e intensa”, aseguran dende o club de natación.

Artigos relacionados

Back to top button