EconomíaEconomíaÚltima hora

O cociñeiro Anxo Trives, no festival de cociña “#15 días 15 kilos Fest”

Podía verse en directo nesta xornada de sábado por Instagram e nel tamén interviña Vicocinillas de Manzaneda

 

 

Cunha receita de merluza á galega en baixa temperatura, o cociñeiro Anxo Trives, do Hostal Restaurante La Viuda, vén de sumarse na tarde deste sábado 21 de marzo ao evento “#15 días 15 kilos Fest”, emitido a través da conta deste mesmo nome en Instragram.

El era o penúltimo dos doce chefs participantes, entre os que tamén estaba Vicocinillas de Manzaneda. Anxo Trives interviña ás 19h. e, tras comezar comentando este singular festival de cociña a través de instagram no marco da corentena polo coronavirus en España, presentaba a súa proposta culinaria e amosaba como elaborala.

 

 

A xente que seguía o directo de Anxo Trives, cunha duración de media hora aproximadamente, tamén se ía unindo ao directo comentando e saudando.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button