O Colectivo de Pensionistas de Valdeorras dará charlas informativas sobre o sistema de pensións
8 de Novembro de 2018
A decisión tomábase nunha asemblea celebrada na tarde do 7 de novembro no BarcoUn dos momentos da asemblea do Colectivo de Xubilados de Valdeorras./ Foto cedida.
Con novas accións o Colectivo de Pensionistas de Valdeorras mantera viva a súa actividade. Nunha asemblea celebrada na tarde do 7 de novembro no Barco, esta entidade tomaba a decisión de deixar por agora as concentracións que viñan celebrando e de preparar, coa axuda da federación de pensionistas de CCOO, unhas sesións ou charlas divulgativas sobre o tema central das pensións, valéndose dalgunha persoa de renome e coñecemento da situación dos xubilados e pensionistas en Galicia.
Polo de agora as datas e os relatores están sen concretar, pero “a pretensión é non retrasar a primeira charla como moito ata fin de ano e, esperando xa daquela ter máis información ao respecto dos orzamentos xerais”, adiantan dende o colectivo e dende CCOO.
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.