OurenseÚltima hora

O colexio Divina Pastora de Ourense, entre os finalistas do Premio Mentes AMI 2024 da Fundación Atresmedia

Ademais, os Ecovixiantes de Franciscanas celebraron a Semana do Medio Ambiente con moitas actividades

 

Ecovixiantes de Franciscanas de Ourense celebran a Semana do Día do Medio Ambiente con moitas actividades e con grandes noticias, incluídos premios ambientais. O profesor Gonzalo Sánchez levou preto de 150 kgs de tapóns solidarios ao “Corazón de Barbadás”.

 

 

 

 

En colaboración co Colexio de Mende realizaron no Campus Universitario de Ourense unha actividade de concienciación sobre as cabichas cunhas placas de advertencia sobre “O mar empeza aquí”. E acabaron coa clásica recollida de cabichas na Pista Vermella con hábitos de vida saudable xogando ao hoquey.

Finalistas do Premio Mentes AMI na Categoría Fomento do Pensamento Crítico

 

Fallo do xurado Premios Mentes AMI 2024. /Foto: Fundación Atresmedia.

 

Ademais, o Proyecto conECTA presentado polo profesor Román Godás Ibáñez do centro educativo Divina Pastora de Orense, foi un dos finalistas na categoría Fomento do Pensamento Crítico do Premio Mentes AMI da Fundación Atresmedia. Participaron preto de 500 proxectos e os finalistas foron seleccionados atendendo aos criterios de estratexia, innovación, participación, impacto, sostenibilidade, replicabilidade e calidade creativa.

 

Artigos relacionados

Back to top button