CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O colexio Divina Pastora do Barco pon en marcha un proxecto educativo sobre a doazón sangue

O martes 13 de xuño haberá no centro unha unidade móbil de 10 a 14 horas

Exterior do Colexio Divina Pastora do Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Ser conscientes da importancia da doazón de sangue; levar a cabo un servizo de promoción da saúde; e  participar nunha experiencia na que os alumnos sexan os protagonistas dinamizando na súa contorna unha campaña de doazón e realizando as aprendizaxes científicas, cívicas e sociais correspondentes. Son os obxectivos cos que o CPR Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras decidía poñer en marcha o proxecto educativo “Participa e doa sangue”.

“Tratáse dunha iniciativa para que o noso alumnado adquira coñecementos e valores a través dunha campaña de doazón de sangue”, aseguran dende o centro, destacando que este programa de Aprendizaxe e Servizo (APS) “involucra o noso alumnado na organización da súa propia campaña de difusión para concienciar á súa contorna e animar á xente a doar”.

 

 

Así, durante dous días e a través duns stands colocados á entrada e saída de Primaria e Infantil, patrullas de alumnos de 1º e 2º ESO informarán ás familias sobre esta campaña de doazón.

 Será o venres 9 de xuño e o luns día 12, de 8:45 a 9 e de 13:40 a 14 horas. E xa o martes 13 de xuño colocarase unha unidade móbil de doazón na Avda. do Bierzo (fronte ao colexio) en horario de 10:30 a 14 horas. Ese mesmo día as patrullas de alumnos tamén estarán para resolver calquera posible dúbida.

Dende o colexio agradecen de antemán a participación para poder levar a cabo esta campaña “e que poidamos sumarnos ás máis de 3.000.000 doazóns”.

Artigos relacionados

Back to top button