EconomíaEconomíaÚltima hora

O Colexio Oficial de Arquitectura Técnica de Ourense celebra o seu patrón

No decurso dunha cea homenaxeaba aos colexiados que cumprían 25 e 50 anos de traxectoria profesional

 

O Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Ourense celebraba o día 2 de xuño, como vén sendo habitual, o encontro de confraternización de colexiados coincidindo coa festividade de San Xoán de Ortega, patrón dos Aparelladores e Arquitectos Técnicos. Nesta ocasión desprazáronse ao país veciño, Portugal, á cidade de Chaves onde gozaron dun cóctel de benvida, cea no hotel Casino Solverde e posterior baile. Nela homenaxeouse aos colexiados que alcanzaron os 25 e 50 anos de traxectoria profesional.

Este ano eran distinguidos Julio Adan García, con 50 anos de brillante actividade profesional. E tamén, alcanzaron os 25 anos, Diego Martínez González, José Luis Gómez Delgado, Cristina Gómez Dobarrio, Manuel Jesús Pérez Rodríguez, José Manuel Rey Lorenzo e Ángel Rodríguez Iglesias.

Nos discursos de agradecemento, Adán sinalaba a importancia de continuar co labor de formación dos aparelladores para prestar un servizo á cidadanía acorde cos tempos que corren, ademais de agradecer á Xunta directiva o labor de unión entre os colexiados neste tipo de actos e celebracións.

 

 

Julio Adán ten unha extensa traxectoria, ligada ao mundo da edificación e o urbanismo. Como director de Execución de obras de construción en diversos puntos da comunidade autónoma e ao tempo prestou os seus servizos como funcionario municipal no Concello de Ourense, cunha participación principal na redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado en 1986 que por diversas cuestións xurídicas, está vixente na actualidade.

Á cita acudiron máis de 100 persoas entre colexiados e acompañantes xunto co persoal do colexio e a súa xunta sirectiva. Segundo o seu presidente, Darío López Fernández, “é o acto con maior repercusión entre os colexiados e a Xunta de Goberno envórcase na súa organización para que se xeren momentos de distensión e complicidade á marxe das tarefas diarias que lles ocupan”.

Back to top button