CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima horaVídeos

O colexio Pablo VI-Fátima da Rúa felicita o Nadal cun fermoso Belén Vivente con escenas por todo o colexio

Hai pases cada vinte minutos. Hoxe dende as 17 horas e mañá a partir das 11 horas

 

A tradicional Operación Kilo; obradoiros (de tarxetas navideñas, villancicos, construción de beléns,…); visita ás redidencias de maiores e centro de día; unha chocolatada solidaria; un Belén Vivente; e mesmo un campamento. Cunha ampla programación para nenos e adultos celebran o Nadal no colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa, destacando os actos que se desenvolven hoxe e mañá: as representacións por parte dos alumnos e o chocolate con fins solidarios.

 

 

A chocolatada (2 euros) para recadar fondos para os máis necesitados será na tarde deste mércores 21 de decembro a partir das 17 horas e na mañá do xoves día 22 a partir das 11 horas. O mesmo horario no que os alumnos do centro, dende os máis pequeniños da gardería, representan as diferentes escenas do Nacemento.

 

 

Unha representación con pases cada 20 minutos para que todos os familiares a poidan ver e que se desenvolve por todo os centro escolar, coas diferentes escenas en lugares estratéxicos, comezando cos pastores na entrada e continuando coa anunciación, a busca de pousada, ou partida dos Reis Magos ata o propio nacemento xa na Capela, con música en directo incluída, que pon o broche a esta felicitación de Nadal tan especial que pais, nais, avos ou tíos seguiron en riguroso directo dunha escena a outra.

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button