CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

O colexio plurilingüe Divina Pastora do Barco colabora na Operación Quilo de Cáritas

Como cada Nadal, o alumnado do centro escolar aportou alimentos para os máis necesitados

 

Como cada ano, o CEIP Plurilingüe Divina Pastora do Barco de Valdeorras, encetaba o programa de actividades de Nadal colaborando na Operación Quilo de Cáritas Interparroquial na mañá do 16 de decembro.

Normalmente dende o centro organizan unha caravana solidaria por cursos, sendo os propios nenos os que levan as súas donacións ata o banco de alimentos de Cáritas, pero este ano debido ás inclemencias meteorolóxicas non puderon facelo. Aínda así, a chuvia non impediu que os alumnos do colexio amosaran o seu lado máis solidario entregando no propio centro os alimentos que os responsables de Cáritas recolleron para repartir entre os máis necesitados.

Fotos: CEIP Plurilingüe Divina Pastora

Artigos relacionados

Back to top button