En portadaÚltima hora

O Comité Clínico valora que toda Galicia estea entre os dous niveis máximos de restricións

Reunión do Comité Clínico desta tarde.

 

O Comité Clínico que fai seguemento da pandemia do Covid, que se reunía esta tarde, propón que toda Galicia pase a estar nos dous niveis máis altos de restricións, dos catro que manexan, tal e como vén de adiantar a Consellería de Sanidade.

No nivel máximo, a hostalería debe pechar ás seis da tarde, só se permiten as terrazas ao 50% e catro é o número máximo para as reunións. No nivel medio-alto, a hostalería tamén pecha ás seis, pero poden traballar ao 30% en interior e ao 50% no exterior. Ademais establéceses un máximo de catro persoas que poden xuntarse. En ambos os chanzos, a mobilidade está restrinxida.

Os resultados da xuntanza daranse a coñecer mañá nunha rolda de prensa que está convocada pola mañá.

 

Artigos relacionados

Back to top button