PolíticaÚltima hora

O comité executivo do PP de Ourense aproba o seu orzamento para 2023

O presidente provincial apelaba ao esforzo de todos “para conseguir gobernos estables tanto nos concellos como na Deputación que garantan o progreso da provincia”

 

 

O Partido Popular de Ourense contará en 2023 cun orzamento de 310.120 euros, segundo reflicte a proposta económica aprobada polo Comité Executivo da formación, reunido esta tarde na sede provincial baixo a presidencia de Manuel Baltar. “Moito máis que un trámite -afirmou o líder dos populares ourensáns-, pois non só damos luz verde ao soporte económico da nosa actividade política, senón que referendamos o exercicio de transparencia que mantemos, tanto no partido como nas institucións nas que gobernamos”.

Ante os membros da dirección provincial, Manuel Baltar destacou “a rigorosa xestión económica” do PP de Ourense, “o que nos permitirá afrontar con solvencia e nas mellores condicións as convocatorias electorais de 2023, tanto as locais como as xerais”. Precisamente ante a próxima cita das eleccións municipais do 28 de maio, o presidente provincial apelou á militancia, cargos do partido e mesmo simpatizantes “para conseguir, co esforzo de todos, gobernos estables tanto nos concellos como na Deputación que garantan o progreso da provincia”.

 

 

 

A contía da que disporá o PP de Ourense para o próximo exercicio procede de diferentes vías, como son as cotas dos afiliados, as achegas dos cargos públicos, dos grupos de representación institucional e das transferencias do PP de Galicia

Artigos relacionados

Back to top button