OurenseÚltima hora

O Complexo de Monterrei abre ao público a zona deportiva

As obras tiveron un orzamento de 1.022.866,17 euros

 

O Complexo Deportivo de Monterrei, sito no concello ourensán de Pereiro de Aguiar, vén de poñer a disposición do público a súa zona deportiva que conta cun pump track indoor para bicicleta BTT e deportes urbanos, ademais dunha pista polideportiva descuberta, unha pista de tenis cuberta e outra descuberta, dúas pistas de pádel cubertas e outras dúas descubertas e a ampliación da cuberta da pista de atletismo. As obras da devandita zona deportiva tiveron un orzamento de 1.022.866,17 euros.

Ademais da zona deportiva, a reforma do Complexo contará cunha zona acuática como dúas partes diferenciadas e independentes. O orzamento total da actuación roldará os 10 millóns de euros e será cofinanciado ao 50% entre Xunta de Galicia e Deputación de Ourense. O proxecto da parte acuática foi adxudicado no último trimestre de 2020 e consta de tres fases diferenciadas: a piscina familiar, a piscina infantil e os tobogáns de adrenalina. Durante a execución das obras poderanse utilizar en todo momento as instalacións xa existentes ou finalizadas. O orzamento da parte acuática alcanzará os 8.809.566,35 euros.

Tal como explican dende a Xunta “o futuro parque terá en conta as posibilidades de lecer que rodean a este espazo e que forman parte do actual complexo mantendo a contorna natural, os espazos verdes e a vexetación existente, creando un lugar agradable para os seus visitantes”.

Artigos relacionados

Back to top button