
Ata o 15 de xullo dá de prazo o Concello do Barco para limpar os solares con maleza situados no seu termo municipal. Aqueles propietarios que non os limpen serán sancionados. “Cada primavera, o Concello recorda a todos os propietarios de terreos baleiros situados no termo municipal a obrigatoriedade de que se limpien de maleza, para evitar o perigo de incendio que pode producirse nos meses de verán en todos os núcleos rurais”, tal e como se indica dende o Concello do Barco.
Esta Administración local tamén apunta que, se ben a maioría dos propietarios de fincas cumpren coa súa obriga, todos os anos “o Concello vese obrigado a recordar a algúns, de forma individual, que deben realizar a limpeza. Por iso, a partires do 15 de xullo (data na que finaliza o prazo concedido aos propietarios que aínda non teñan cumprido coa limpeza) iniciaranse os expedientes para sancionar aos reticentes”.
Dende o Concello do Barco tamén se recorda que “as multas oscilan entre os 60 e os 750 euros para cando se considere que é unha infracción leve, e de entre 750 e 1.500 euros, para aqueles casos nos que sexa unha
infracción grave porque supón un risco inminente de incendio”.