ConcellosÚltima hora

O Concello do Barco proxecta a segunda fase da rehabilitación da Torre do Castro

Un pleno extraordinario aprobaba a inclusión do sendeiro no inventario de bens municipais, requisito para optar ao 1% cultural
O alcalde do Barco, Alfredo García e a concelleira de Cultura Margarida Pizcueta, no pleno. /Foto: Mónica G. Bellver.

A segunda fase da rehabilitación da riqueza patrimonial da vila do Castro, con restos dos séculos XV, XVI e XVIII está en marcha. Segundo o alcalde do Barco, Alfredo García, o proxecto que afectará ao contorno (a muralla interior) xa está feito e valorado en 345.000 euros cuxa financiación esperan que se beneficie coa partida do 1% do presuposto que o Ministerio de Fomento adica á conservación do patrimonio.

Un dos requisitos para optar a esa subvención é que os bens do Castro sexan de titularidade municipal, condición que non se daba na senda peonil que bordea á muralla. Segundo adiantaron dende Fomento, a convocatoria das axudas do 1% cultural será inminente polo que, co fin de cumprir con este requisito na maior brevidade posible, o alcalde convocaba para hoxe, venres 14 de xullo, un pleno extraordinario cun único punto na orde do día.

Despois da declaración de urxencia da sesión, o pleno aprobaba por unanimidade, dar de alta no inventario de bens do Concello do Barco de Valdeorras a senda peonil de 67,84 metros; e remitir copia da rectificación á Comunidade Autónoma e a Subdelegación do Goberno para dar cumprimento ao artigo 32 do regulamento de bens de entidades locais.

Artigos relacionados

Back to top button