A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa busca a opinión dos veciños antes de elaborar a modificación da ordenanza de terrazas

Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren, no prazo dun mes, poderán pronunciarse sobre os aspectos plantexados no portal web do Concello

 

Coa reapertura da hostalaría, volve saltar á palestra o tema da regulación de terrazas na Rúa. Actualmente neste concello existe unha Ordenanza reguladora da ocupación do dominio público local con terrazas, veladores e outros elementos análogos, publicada no B.O.P de 6 de setembro de 2018, que segundo o actual equipo de goberno “non dá satisfación aos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa”.

Por iso, dende a administración local veñen de facer público un anuncio de consulta pública no portal web do Concello. Co obxectivo de “mellorar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración de normas, co carácter previo á elaboración do proxecto de modificación da devandita Ordenanza,  recábase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma acerca dos problemas que se pretenden solucionar coa iniciativa; a necesidade e a oportunidade da súa aprobación; os obxectivos da norma; e as posibles solucións alternativas regulatorias e non regulatorias”, aseguran.

Deste xeito, os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren, no prazo dun mes, “poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos plantexados no seguinte cuestionario, mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

ANUNCIO-DE-CONSULTA-PÚBLICA-NO-PORTAL-WEB-DO-CONCELLO-ORDENANZA-TERRAZAS

Artigos relacionados

Back to top button