A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa convoca o seu primeiro concurso de decoración de Nadal

 

Co principal obxectivo de “dinamizar a participación activa da cidadanía na actividade local e colaborar en infundir un ambiente festivo e decorativo baseado en valores como o traballo en común e a cooperación”, o Concello da Rúa convoca o seu I Concurso de Decoración “Nadal nas Rúas”.

Para que “poida participar o maior número de persoas posible”, consta de catro categorías: Comercios e Hostalaría (A); Xanelas e Balcóns (B); Casas (C); e Premio Especial para a comunidade de veciños, colexio, rúa ou praza (C), debendo realizarse as inscricións realizaranse a través do FORMULARIO NADAL NAS RÚAS ou o de forma presencial na Casa do Concello ata o venres 15 de decembro.

Segundo as bases, os elementos decorativos presentados a concurso deberán permanecer colocados, como mínimo dende o venres 22 de decembro ata o sábado 6 de xaneiro de 2024 (ambas datas incluídas). “Se non se cumpre a devandita condición desestimarase a participación da asociación, colectivo ou particular que incumprise salvo causas maiores que serán valoradas no Xurado”.

O luns 8 de xaneiro darase a coñecer o fallo “inapelable” do xurado que elixirá ás/aos gañadores de cada categoría do concurso. O resultado será publicado na páxina oficial do Concello da Rúa así como nas RRSS do Concello (Facebook, X e Instagram) e se comunicará persoalmente a cada participante premiado. A entrega de premios realizarase na Casa do Concello o martes 9 de xaneiro na hora que se determine polo Concello.

 

 

Os premios serán:

CATEGORIA A:
1º premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma.
2º premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma

CATAGORÍA B:
1º premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma
2º premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma

CATAGORÍA C:
1º premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 150 € e diploma
2º premio: Cesta de produtos da Rúa valorada en 75 € e diploma

CATEGORÍA D:
Un único premio de cesta de produtos do comercio da Rúa valorada en 250 € e diploma.

As bases completas do concurso pódense consultar no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica e tamén na web do Concello www.arua.gal.

Artigos relacionados

Back to top button