A RúaConcellosÚltima hora

O Concello da Rúa pon en marcha o parque de inchábeis no Aguillón

Abrirá de 19 a 22 horas dende este luns 26 de xullo ata o mércores 4 de agosto

 

Dende hoxe e ata o 4 de agosto permanecerá instalado no Aguillón da Rúa, no antigo campo de fútbol, un parque familiar de inchábeis especialmente pensado para a poboación infantil.

Estará aberto de 19 a 22 horas e cada xornada desenvolverase seguindo rigurosas medidas e pautas de actuación como prevención fronte ao Covid (mascarilla, control de aforo, distancia, desinfección,…), e  “sempre que a situación sanitaria o permita”, puntualizan dende o Concello, engadindo que a maiores, “do 5 ao 9 de agosto, haberá inchábeis acuáticos nas piscinas municipais”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button