ConcellosLaroucoÚltima hora

O Concello de Larouco estrea sinalización á vez que pon en valor o seu patrimonio

 

Nestes días o Concello de Larouco estreábase sinalización vertical na estrada OU-636. En concreto trátase dun panel que dá a benvida aos visitantes que entran no municipio ou que os despide no caso de que vaian na outra dirección. Está situado no límite entre os concellos de Larouco (Ourense) e o de Quiroga (Lugo).

Ademais esta sinalización inclúe imaxes que poñen en valor os recursos patrimoniais deste concello valdeorrés como son os seus lagares rupestres, o xacemento prerromano do Castrillón ou os restos atopados nel.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button