Para que este Nadal todo aquel que o desexe teña a oportunidade de visitalo, o Concello de O Bolo amplía o horario de visitas aos tres referentes turísticos cos que conta: o Castelo, o Santuario das Ermitas e o Museo Yosso.
A ampliación do horario de apertura afecta á primeira semana de xaneiro de 2023, conforme ao cartel. Despois, a partir do día 9 o servizo de información turística pechará por vacacións ata o 1 de febreiro.