OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense aprobará unha “instrución exprés” que axilice a autorización de veladores aos locais de hostalaría

Será unha medida provisional, mentres se elabora unha nova ordenanza reguladora, segundo avanzou o alcalde en xunta de voceiros

 

O Concello de Ourense aprobará unha “instrución exprés” que permita conceder autorizacións aos locais de hostalaría para instalar veladores en vía pública de forma “coherente e xusta, seguindo unhas pautas”. Así o avanzaba o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, na mañá deste martes 3 de novembro trala xunta de voceiros na que se analizou o borrador desta instrución. “Será”, dixo, “unha medida provisional, mentres o Concello elabora unha nova ordenanza reguladora”.

Con esta iniciativa preténdese mellorar a situación actual, marcada por unha ordenanza “no limbo”, que carece de “liñas claras” e que dilata moito a concesión de autorizacións aos locais. A solución prevese así con dous pasos: “queremos facer algo que mellore xa o que hai, e elaborar unha ordenanza nova nun prazo de 6 e 8 meses”, asegurou Pérez Jácome.

 

Xunta de voceiros esta mañá no Concello de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button