OurenseÚltima hora

O Concello de Ourense destinará como mínimo 11 millóns de euros a axudas aos sectores máis afectados pola pandemia

Prestarase especial atención á hostalaría local

Reunión co sector hostaleiro no Concello de Ourense.

 

O Concello de Ourense destinará como mínimo 11 millóns de euros en 2021 a unha nova liña de axudas, dirixida ao empresariado local dos sectores máis afectados pola pandemia. Así o acordaron por unanimidade os grupos políticos municipais na xuntanza que mantiñan na mañá deste 27 de novembro cos representantes da hostalaría local.

As axudas terán en conta a particularidade deste sector, que se viu fortemente afectado polas restricións establecidas pola pandemia na cidade, e requiriron pechar os seus establecementos.

O Concello tamén apoiará outras medidas específicas de apoio a este sector, como a exención de taxas e a elaboración dunha nova ordenanza de veladores.

Na xuntanza acordaron tamén que as asociacións do sector participarán activamente no pleno da semana próxima, no que exporán as súas necesidades e demandas.

 

Artigos relacionados

Back to top button