Ourense

O Concello de Ourense fomentará a igualdade e a diversidade cun novo programa nos centros educativos

Publicidade
“Cuestión de respecto” chegará a 250 alumnos dos colexios Luís Vives e Cardenal Cisneros, os IES Otero Pedraio e Blanco Amor, e os CIFP Portovello e A Farixa
Presentación do programa de igualdade no Concello de Ourense.

Fomentar a igualdade e a diversidade, sensibilizando para chegar a detectar ou/e previr situación de abuso e maltrato nos centros educativos, é o obxectivo que persegue o Concello de Ourense coa posta en marcha do programa “Cuestión de respecto” que presentaban na mañá do 10 de outubro.

Para iso, desenvolveranse nos centros actividades de análise e de reflexión en materia de diversidade para dotar a mozos e mozas participantes de ferramentas para previr situacións de odio e violencia. Cos coñecementos adquiridos nesta materia, o alumnado preparará unha acción social que terá como obxectivo concienciar á cidadanía ourensá. Tal como avanzaron na presentación, está previsto chegar a 250 alumnos dos centros educativos Luís Vives e Cardenal Cisneros, os IES Otero Pedraio e Blanco Amor, e os CIFP Portovello e A Farixa.

Para levar a cabo esta iniciativa, o Concello conta coa experiencia de APES na xestión de proxectos socioeducativos. A metodoloxía utilizada céntrase en poñer en valor ao alumnado, convertendo a cada participante en axentes activos e de cambio social, fomentando o compromiso e responsabilidade coa súa contorna e as problemáticas sociais da comunidade. Segundo o alcalde de Ourense Jesús Vázquez, “aquí radica a clave deste proxecto, apelar ao compromiso dos mozos e das mozas, á súa responsabilidade, reivindicar a súa capacidade para converterse en verdadeiros axentes de cambio na nosa sociedade, e contribuír á erradicación das desigualdades e á promoción da diversidade”.

Artigos relacionados

Back to top button