ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil contará cunha instalación de paneis solares fotovoltaicos

Permitirá abastecer de enerxía á casa consistorial e tamén o centro de atención aos nenos

Concello de Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Novo avance de Parada de Sil na senda verde de redución de CO2, despois da renovación do alumeado público con Led en todos os núcleos do concello, que estará rematada antes de fin de ano; tras as placas solares na Fábrica da Luz e o bus lanzadeira para reducilo tráfico.

“No día de onte chegou unha nova subvención do IDAE solicitada en decembro do ano pasado por un importe de 40.143,44, sobre unha inversión de 50.179,31 para un proxecto que consiste na instalación e paneis solares fotovoltaicos sobre a cuberta da casa do concello con 60 módulos para abastecelo concello e o Centro de atención aos nenos, polo que se baixará o consumo de 24.781kWh/ano a 7.955kWh/ano. Esta subvención está dotada con fondos FEDER da Unión Europea e o MITECO dentro do programa Economía Baixa en Carbono nas entidades locais”, tal e como se informa dende o Concello..

Aínda que ten un prazo de un ano para a execución da obra e seis meses para empezalos procedementos de contratación, a vontade do alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, é facelo canto antes.

O rexedor pon de manifesto a necesidade de “avanzar nesta dirección de favorecer unha economía baixa en carbono” e anuncia que seguirá traballando nesta dirección “como sempre fixen, pero máis agora, coa declaración dunha parte da Ribeira Sacra, da que forma parte o concello de Parada de Sil en Reserva da Biosfera, declaración feita pola Unesco no día de onte”.

Artigos relacionados

Back to top button