ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil fai entrega das primeiras vivendas municipais

O alcalde de Parada de Sil con catro das novas usuarias./ Cedida.

 

Despois de máis dun ano de retraso cinco familias disporán de vivenda de aluguer no concello de Parada de Sil. Así o sinala o seu alcalde, Aquilino Domínguez, lgo de que asinaran o contrato. Esta obra fixose con cargo os orzamentos municipais por un importe dalgo máis de 500.000 euros e 50.000 de honorarios para o que se pedíu un prestamo sen xuros o IGVS, que xa se devolveu.

Co impulso de Paco Magide e Yolanda Jácome, o Concello comprou unha mazá de vivenda na aldea de Fondodevila para reconstruíir xa que se pretende rehabilitar máis que facer vivenda nova “para manter a memoria do urbanismo que había e non valeirar o interior dos nucleos. A mazá constaba de dous nucleos unidos na parte superior por un pasillo que agora é de tramex e mantense. De feito nestas vivendas mantense un forno comunal para uso dos cinco, así como un pequeno horto para cada unha das familias”, segundo informa o Concello.

 

 

Estas vivendas contaron co proxecto do prestixioso arquitecto ourensán Pablo Prol que foi o gañador do concurso de ideas convocado polo Concello de Parada de Sil en colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia, que, na medida do posible, mantivo a estrutura exterior do existente. “ËÉ unha obra ben deseñada, ben executada e, por fin, agora habitada”, indica o rexedor. O aparellador foi o técnico muncipal Juan Manuel Mera.

 

Verónica, nai de dous nenos á porta da sua nova vivenda./ Cedida.

 

Ademais, o INEGA otorgou a máxima calificación enerxética a estas vivendas, “A”. O Concello instalou os sanitarios e as cociñas con todos os electrodomésticos e o amoblamento corre a cargo dos ususarios.

Para a axudicación publicáronse unhas bases que combinaban distintos elementos de baremación e pechado o proceso e o prazo de reclamacións, que non houbo, fíxose a adxudicación definitiva correspondendo a tres familias emprendedoras, unha delas con dous nenos que ten unha perruquería en Parada de Sil, outra a un gandeiro mozo, outra ao dono dun café retaurante a piques de abrir e as outras dúas a duas mulleres asalariadas que traballan en Parada de Sil. Todos eles carecían de vivenda en propiedade.

O alcalde remata reclamando a axuda de institucións supramunicipais como a Deputación e a Xunta para seguir rehabilitando vivendas e atraendo xente ao rural , xa que en Parada de Sil, hai demanda de vivenda.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button