ConcellosParada de SilÚltima hora

O Concello de Parada de Sil prepara unha plataforma online de promoción turística e cultural

Necrópole rupestre de San Vítor de Barxacova en Parada de Sil./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello de Parada de Sil ten previsto desenvolver unha plataforma online para promoción turística e cultural deste municipio. A través dela darase a coñecer a paisaxe, flora, fauna, costumes, historia e lendas destas terras.

“Mediante tecnoloxía baseada en Intelixencia Artificial, o proxecto vai recrear distintos escenarios en 3D nos que o xogador/visitante terá que resolver dun xeito totalmente interactivo, enigmas dunha trama novelada baseada na Historia, lendas, economía e arte do concello de Parada. Ademais poderá mergullarse nun entorno realista para tentar de acadar unha recompensa que”, segundo o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, “será posiblemente unha estancia dunha fin de semana nun establecemento de Parada e/ou un cheque para gastar polo menos o 50% en establecementos locais. Rexistrarase un dominio no que se aloxará toda a páxina do xogo interactivo”.

Este proxecto foi presentado polo Concello aos fondos Leader a través do GDR Sil-Bibei-Navea e, no caso de acadar a puntuación necesaria, porase en práctica ao longo deste ano. A dicir do alcalde, “os monxes están agardando a presenza das novísimas tecnoloxías no Mosteiro de Santa Cristina”.

No momento da súa posta en marcha levarase a cabo unha xornada promocional, previamente anunciada nos medios e redes, posiblemente realizando un evento dunha fin de semana no municipio, segundo adianta o Concello de Parada de Sil.

Artigos relacionados

Back to top button