EconomíaEconomíaÚltima hora

O Concello de Quiroga autoriza a celebración de feiras e mercados tradicionais

Imaxe de arquivo dun mercado tradicional en Quiroga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O vindeiro día 27 xa se poderá celebrar a feira en Quiroga. Así se vén de anunciar dende este Concello, que decidiu “autorizar a celebración das feiras e mercados tradicionais despois de que se lle permita aos concellos decidir a súa apertura”.

O Concello de Quiroga establece “uns requisitos mínimos de distanciamento entre os postos co fin de garantir a seguridade e a distancia entre traballadores, clientes e viandantes. Á vez que dará preferencia a aqueles postos de venda de produtos alimentarios e de primeira necesidade”, segundo informa esta administración local.

Ademais garantirase “a limitación dos postos habituais a un número inferior do habitual ou ao aumento da superficie habilitada para a feira, se fose preciso, para a separación dos postos. Respectarase a distancia de dous metros entre persoas e evitarase a manipulación de produtos por parte dos posibles clientes”.

Dende o Concello de Quiroga tamén apelan, “unha vez máis, á responsabilidade tanto de tendeiros como de clientes para cumprir a normativa marcada nesta nova fase de desescalada e de volta a unha relativa normalidade”. E recordan “a importancia de manter a distancia social”.

 

Artigos relacionados

Back to top button