ConcellosRubiáÚltima hora

O Concello de Rubiá e a Deputación colaborarán na pavimentación de rúas, accesos e mellora de infraestruturas no municipio

O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao alcalde, Elías Rodríguez, para definir novas actuacións no ámbito da cooperación entre ambas administracións

 

Nesta semana o presidente da Deputación, Manuel Baltar, recibía no Pazo Provincial ao alcalde de Rubiá, Elías Rodríguez, co que mantivo unha xuntanza de traballo para definir novas actuacións no ámbito da cooperación entre ambas administracións.

Tras coñecer os proxectos nos que traballa o Concello de Rubiá, Manuel Baltar comprometeu a colaboración do goberno provincial para a execución de infraestruturas básicas tanto na capitalidade como noutros núcleos de poboación.

Nesta liña, o presidente da Deputación asegurou que a vila de Rubiá contará con achegas para a pavimentación das rúas Xeadre e Tellería, así como para traballos de abastecemento e acondicionamento de parques e xardíns públicos, ademais da mellora do acceso á localidade de Trambasaugas.

“Cada vez que nos reunimos, a disposición do presidente á colaboración é total e absoluta”, puxo en valor Elías Rodríguez tralo encontro con Manuel Baltar. Ademais de programas básicos “e de excelente funcionamento” como a recollida do lixo ou o plan de empregabilidade, resentaba o rexedor “sempre obtivemos unha resposta positiva do presidente ás obras básicas que lle solicitamos”.

Artigos relacionados

Back to top button