CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Concello de San Xoán de Río crea unha escola municipal de gaitas

As clases impartiranse os sábados e o centro estará aberto a todas as idades e tamén a xente doutros concellos

Foto:Carlos G. Hervella.

Dende o Concello de San Xoán de Río vaise poñer en funcionamento unha “Escola de Gaitas Municipal” que estará tutelada por Xosé Lois Foxo (fundador da Real Banda de Gaitas da Deputación e da Escola Provincial de Gaitas). As clases impartiranse os sábados e a escola estará aberta a todas as idades e tamén a xente doutros concellos.

Os interesados en matricularse na escola poden poñerse en contacto acudindo ao Concello de San Xoán de Río de luns a venres de 8:30h. a 14:30h., ou ben a través do teléfono 988346002 ou do correo electrónico: concello@concellosanxoanderio.com

Artigos relacionados

Back to top button