CulturaCulturaÚltima hora

O Concello de Sober lanza o proxecto “Redes lilas. Feminismo dende o pobo e para o pobo”

Consta de seis sesións gratuítas que se desenvolverán, de forma espazada, nos meses de marzo, abril e maio

Sober lanza unha nova iniciativa coincidindo co Día Internacional da Muller, o proxecto ‘Redes Lilas. Feminismo desde o pobo e para o pobo’. A proposta xorde no Concello de Sober da man das traballadoras sociais Ana de la Torre Alvaredo e Patricia González Vidal, coa colaboración externa da educadora social Selene Arias Sáez.

Con esta iniciciativa preténdese crear un espazo de mulleres, no cal, se leve a cabo de forma conxunta a reflexión e a reivindicación, executando actividades que fomenten o espertar, favorecendo, así, a loita feminista e a consecución dunha igualdade real entre mulleres e homes.

O proxecto consta de seis sesións que se desenvolverán, de forma espazada, nos meses de marzo, abril e maio. Para a participación no mesmo, totalmente gratuíta, é necesario anotarse, chamando ao 628055236 de luns a venres, en horario de 09:00 a 14:00, ou mediante o envío dun WhatsApp a este mesmo número en calquera franxa horaria. Non é preciso ser do Concello de Sober para formar parte das actividades.

Calendario con algunhas das accións previstas

8 de marzo – Día Internacional das Mulleres – Actividade ‘Mirando cara dentro’. Presentación do proxecto e sesión de achegamento á meditación, á autoescoita e aos movementos do ioga como ferramenta de empoderamento persoal, da man de May Baker Föhring.

Martes 26 de marzo – Actividade ‘Deconstruíndo para respirar. Compartir as similitudes e as dificultades do camiñar como forma de liberación e creación de redes.

Martes 9 de abril – Actividade ‘Sober non esquece’. Partamos da reflexión arredor da violencia que padecemos as mulleres e convertamos os espazos comunitarios en piares de cohesión e loita.

Martes 23 de abril – Actividade. ‘As mochilas pesan menos’. Abracemos libremente a nosa creatividade a través da creación de pezas únicas que falen por si mesmas.

Sábado 4 de maio – Actividade. ‘Nós trazamos o camiño’. Andaina feminista e “aquelarre” posterior nun miradoiro do Concello.

Sábado 25 de maio – Actividade. ‘Conquistando a rúa’. Elaboración conxunto dun mural no exterior, que dea conta do noso paso por este proxecto e que supoña máis que un final, un principio.

Desde o Concello de Sober fan un chamamento para que as mulleres se sumen a esta loita. “Requirimos de ti. Non o dubides!”.

Exposición Anhelos e Inmarcesibles

As exposicións Anhelos e Inmarcesibles seguen o seu percorrido. Anhelos estará ata o 1 de marzo no centro penitenciario de Pereiro de Aguiar, día no que haberá unha charla educativa na prisión.

Do 4 de marzo ao 1 de abril visitará o Concello de Sarria e do 2 de marzo ao 30 de marzo, o CIS da Coruña.

Inmarcesibles estará do 4 de marzo ao 18 de marzo no Concello de Coles. Desde ese día está libre, por se alguén ten interese en solicitala para visitar o seu Concello.

Artigos relacionados

Back to top button