ConcellosTrivesÚltima hora

O Concello de Trives, candidato na liña de subvencións da convocatoria da Secretaría de Estado para a Axenda 2030

Exterior do Concello de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O Concello da Pobra de Trives vén de acollerse á convocatoria de subvencións no marco da Axenda 2030 para a consecución dos obxectivos de desenvolvemento sostible que inclúen dende a eliminación da pobreza ata a loita contra o cambio climático, educación, igualdade da muller, ou defensa do medio ambiente entre outros. Dende o Concello valoran esta convocatoria como unha oportunidade para implantar proxectos moi necesarios e orientados a esos obxectivos sostibles e beneficiosas para os nosos veciños e veciñas.

Para elo, solicitouse a elaboración dun plan de implementación da Axenda 2030 no municipio cun enfoque marcadamente transversal e unha folla de ruta que inclúe entre as súas actuacións o impulso do emprendemento e a xeración de actividade económica, así como accións de posta en valor, protección e divulgación da paisaxe non só para a asegurar a súa correcta xestión, conservación e divulgación, senón tamén para a xeración de actividade económica en torno aos nosos activos naturais, incluíndo tamén a celebración de un workshop internacional da paisaxe, xornadas da divulgación do mesmo e dos ODS e contidos turísticos de promoción do destino e comercialización de experiencias e servizos dos que poderán formar parte activa as empresas do municipio e do contorno.

 

 

Para poder optar a esta liña de axudas era requisito que os concellos candidatos formasen parte da rede de entidades locais para a Axenda 2030, requisito que este concello tiña xa acreditado ao adherirse á mesma neste mandato por proposta do grupo de goberno no compromiso do cumprimento dos obxectivos de desarrollo sostible.

Artigos relacionados

Back to top button