ConcellosTrivesÚltima hora

Trives contará cunha senda fluvial duns 1.200 m no río Fiscaíño

A CHMS e o Concello asinaban hoxe un convenio para desenvolver este proxecto cun investimento duns 200.000 euros

Sinatura do convenio entre a CHMS e o Concello de Trives./ Cedida.

 

Esta mañá José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), e a alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Dominguez, asinaban un convenio para o financiamento, posta ao dispor dos terreos, execución e entrega das obras do proxecto de construción dunha senda fluvial no río Fiscaíño ao seu paso pola capitalidade do municipio.

As obras consistirán na execución dunha nova senda fluvial nas marxes do río Fiscaiño, de aproximadamente 1.200 metros, que percorrerá o núcleo urbano da Pobra de Trives de Norte a Sur, poñendo en valor este espazo fluvial e permitindo a mobilidade dos veciños e visitantes da zona.

En aras da colaboración entre administracións, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciará o 80% das actuacións necesarias que precisan dun investimento aproximado de 200.000 euros, sufragando o 20% restante o Concello.

Artigos relacionados

Back to top button