DeportesÚltima hora

O Concello de Trives habilita unha pista de atletismo no campo de fútbol do Agro

Publicidade

 

Co fin de facilitar o adestramento en atletismo dos nenos das escolas deportivas municipais, pero tamén para o fomento deste deporte entre os veciños, o Concello da Pobra de Trives vén de habilitar unha pista no campo de fútbol do Agro.

“A falta de recursos, dado o alto custe da habilitación dunha pista de atletismo profesional, non foi obstáculo para que dende o Concello se avanzase nos primeiros pasos para contar coa habilitación dunha pista que, con moito enxeño, moi poucos recursos e moito traballo hoxe é unha realidade na que comezaron os adestramentos os rapaces e rapazas das escolas deportivas”, segundo informa o Concello trivés.

Ademais o goberno municipal considera unha prioridade “a mellora das instalacións deportivas. Trives conta con grandes promesas do deporte que merecen unhas instalacións de calidade polas que seguiremos e a loitar”.

Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button