ConcellosÚltima horaVerín

O Concello de Verín activa un novo servizo gratuíto de información municipal vía WhatsApp

Foto: Concello de Verín.

 

Dende o Concello de Verín vén de poñerse en marcha un novo servizo gratuíto de información vía WhatsApp no que se ofrece toda a actualidade de servizo público e de interese para a cidadanía. “A comunicación a través de WhatsApp permitirá aos usuarios desta aplicación ter á súa disposición información en tempo real e de maneira continuada nos seus dispositivos móbiles, podendo desta forma, estar ao tanto da información municipal máis relevante; axenda cultural, noticias, alertas de última hora, eventos, cursos, lecer, etc.”, tal e como se informa dende esta administración local.

Ademais matizan que se establecerá “unha canle de comunicación unidireccional a través do servizo de mensaxería WhatsApp, por tanto, non se responderá a ningunha mensaxe nin se atenderán consultas personalizadas. O servizo prestarase exclusivamente mediante listas de difusión e en ningún caso farase uso dos grupos de devandita aplicación”.

Pasos para darse de alta

1. Memorizar na axenda de contactos do teléfono móbil o número 663 98 79 01, por exemplo co nome “Actualidade Municipal Verín”.

2. Enviar unha mensaxe coa palabra ALTA.

3. Recibirases un whatsapp de notificación, quedando activado o servizo nas 24 horas seguintes.

Pasos para darse de baixa

1. Todos os usuarios poden solicitar a súa baixa no servizo en calquera momento, enviando unha mensaxe ao mesmo número coa palabra BAIXA.

2. Recibirase un WhatsApp de notificación.

As normas de uso do servizo

• As mensaxes informativas faranse mediante listas de difusión, é dicir serán mensaxes puntuais e unidireccionais que envíe o Concello, e non grupos onde se interactúe entre os seus membros.

• En ningún caso se responderá “a dúbidas, queixas ou consultas, para iso están as canles habituais do Concello. Só emitiranse mensaxes predefinidos de confirmación de alta e baixa no servizo”-

• Non está permitido incluír o contacto “Actualidade Municipal Verín” en grupos de WhatsApp.

• Os usuarios non poderán enviar mensaxes inadecuadas ao servizo de información vía WhatsApp do Concello, este tipo de mensaxes considerarase como mal uso do servizo e iso supoñerá a suspensión do servizo a ese contacto e o seu bloqueo, se así se estíma oportuno.

Ademais, o Concello de Verín resérvase o dereito para modificar estas normas se así o considera necesario.

Artigos relacionados

Back to top button