CulturaCulturaÚltima hora

Exposición sobre o RC Deportivo da Coruña na Biblioteca Municipal da Rúa

 

Mes novo, exposición nova. Neste mes de xuño os usuarios da Biblioteca Municipal da Rúa e da Casa da Cultura en xeral poderán ver a nova exposición de David López Nogueira, desta volta sobre o Real Club Deportivo da Coruña, outra das súas paixóns.

Baixo o título “Depor, sentimento, paixón e cultura deportiva” e como bo afeccionado, David leva recompilado infinidade de artigos en torno ao club da cidade herculina, que neste 2024 ascendía a Segunda División, e que poden verse na mostra.

Dende equipacións completas e asinadas por xogadores, entradas de partidos, postais, bufandas ou pósters, ata pins, libros, películas, tazas e diferente merchandising así como fotos do propio David coa camiseta azul e branca.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button