ConcellosÚltima horaVerín

O Concello de Verín e a hostalaría acordan pechar bares e terrazas durante 10 días

O ente municipal abrirá unha liña de axudas para paliar, na medida do posible, os danos ocasionados a estes negocios

 

O Concello de Verín vén de informar dun un acordo alcanzado cos representantes dos hostaleiros de Verín para “pechar os bares e as terrazas durante un prazo de dez días”. O ente municipal abrirá unha liña de axudas para paliar, na medida do posible, os danos ocasionados a estes negocios.

Esta medida, de carácter voluntario, tómase “á vista da evolución da pandemia na vila de Verín, que a día de hoxe é de 74 casos activos. Se se fai unha comparación, Verín estaría a roldar os 540 casos por cada 100.000 habitantes. A medida foi sometida a debate polos representantes da hostalaría, que ante a necesidade e pertinencia da medida impulsada dende o Concello de Verín, aprobárona cun amplo consenso”.

Dende o Concello matizan que, “aínda que os restaurantes permanecerán abertos, as terrazas e os bares dos mesmos estarán pechadas”. Así mesmo, e coa finalidade de minimizar os riscos de contaxio, realizarase un cribado por PCR a todos os traballadores de devanditos establecementos.

Esta medida estará vixente desde mañá martes 13 de outubro, ás 20:00 horas, ata ou vindeiro xoves 22 do mesmo mes. No pleno ordinario que se celebrará mañá no Concello de Verín darase conta desta nova medida, tal e como avanza o goberno municipal.

 

Fonte do gráfico: Concello de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button