ConcellosÚltima horaVilamartín

O Concello de Vilamartín abre as inscricións do Vilaverán 2021

 

Tras un longo ano sen campamentos nin actividades para os máis cativos (as do ano pasado tiveron que ser suspendidas por mor da pandemia), o Concello de Vilamartín de Valdeorras abre hoxe a inscrición para o esperado Vilaverán 2021. Unha actividade que comezará o 5 de xullo e prolongarase ata o 27 de agosto. De luns a venres de 10 a 13:30 horas.

As plazas serán limitadas a 30 e adxudicarnase por orde de entrada no rexitro do Concello previo pago das taxas na entidade bancaria.

Tal como explican dende o Concello, debido ás circunstancias derivadas da crise sanitaria do Covid-19, a oferta comprenderá actividades “que se levarán a cabo coas adaptacións necesitarías en canto a limitacions de aforo máximo nas instalacións ofertadas, reforzo das medidas hixiénico-sanitarias e cumprimento das ratios monitor-participante para unha prestación do servicio máis eficiente e con todas as garantías de prevención e hixiene, dun espazo de lecer favorable para as súas emociona e sentimientos”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button