ConcellosÚltima horaVilamartín

O Concello de Vilamartín convoca un concurso de postais de Nadal

 

Dende o domingo día 6 e ata o 20 de decembro está aberto o prazo para participar no concurso de postais de Nadal convocado polo Concello de Vilamartín de Valdeorras.

Os interesados deberán debuxar a súa postal e mandala por mensaxe privada ao Facebook do Concello. O día 20 publicaranse as fotos de todos os debuxos recibidos na páxina de Facebook, e a foto que máis me gusta consiga ata o día 23 será a gañadora. O premio será ser a foto de portada da páxina do Concello durante o Nadal e tamén un pequeno detalle (que variará en función da idade do autor) que se poderá recoller nas dependencias municipais a partir do 26 de decembro.

Artigos relacionados

Back to top button