O tráxico falecemento hai uns días do administrador da empresa concesionaria da piscina climatizada do Barco, Cativos, “non debería afectar, en principio”, á súa reapertura. Así o aseguraba o alcalde, Alfredo García, en resposta a unha pregunta plantexada pola concelleira popular Sonia Guitián na sesión plenaria celebrada este 23 de xullo.
“É certo que Ricardo Carballo era o alma mater do proxecto, estaba volcado nel, tiña moito interese na piscina e, sen dúbida, iso notarémolo, polo menos ao principio. Pero á empresa tiña dous socios e trátase dunha empresa grande que, despois desta desgraza, entendemos que seguirá funcionando. Loxicamente esta semana non fixemos ningunha xestión, pero na próxima falaremos coa empresa porque temos que planificar a reapertura da piscina”, comentaba o rexedor barquense, quen tamén confirmaba que “estamos en proceso de recibir a obra” destas instalacións.