DeportesÚltima hora

O Concello do Barco abre o 1 de setembro o prazo de matriculación das Escolas Deportivas e de Deporte Base

Ofértanse as seguintes modalidades deportivas: para nenos e nenas, poderán inscribirse en ximnasia rítmica, ballet e zumba. Os adultos poderán optar entre ximnasia de mantemento, adestramento funcional, ximnasia mixta (aeróbica, mantemento e pilates), zumba, pilates, bailes de salón, ioga e tai-chi

Unha das actividades das escolas deportiva./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Este xoves ábrese o prazo de matriculación das Escolas Deportivas Municipais do Barco para o curso 2022-2023. As matriculacións terán que ser formalizadas polos interesados no segundo andar do Edificio Multiusos do Concello do Barco, de luns a venres, de 9,00 a 14,00 horas. O prezo da matrícula para este curso é de 75 euros para maiores de 17 anos, e de 50 euros para os nenos de entre 4 e 16 anos. As clases comezan o 3 de outubro e rematarán o día 15 de xuño.

Neste curso, ofértanse as seguintes modalidades deportivas: para nenos e nenas, poderán inscribirse en ximnasia rítmica, ballet e zumba. Os adultos poderán optar entre ximnasia de mantemento, adestramento funcional, ximnasia mixta (aeróbica, mantemento e pilates), zumba, pilates, bailes de salón, ioga e tai-chi.

O procedemento de matrícula debe formalizarse seguindo os seguintes pasos:

O interesado debe acudir á oficina de matrículas , no 2º andar do Edificio Multiusos, de modo presencial, nos días e horario antes indicados, co DNI do/a alumno/a, para recoller unha folla de matrícula e un impreso de taxa bancaria, indicando a escola para a que se solicita a inscrición. Os interesados disporán de 24 horas para devolver o comprobante de pago da taxa e a folla de matrícula cumprimentada na mesma oficina.

Cada modalidade e escola terá un número mínimo de alumnos/as para co grupo saia adiante e poida realizarse. De non se chegar a ese número mínimo, e quedaren descuberto ese grupo ou modalidade, comunicaráselle ao matriculado/a para que decida si quere traspasar a súa matrícula a outro grupo ou modalidade, sempre que exista praza libre ou decide anular a súa matrícula tramitando a devolución. A devolución da taxa poderá ser solicitada exclusivamente si a escola na que se fixo a matriculación non acade o número mínimo de alumnos/as e non se celebre, se o interesado non quere reubicarse noutra.

Outras actividades deportivas dirixidas a adultos son as de kárate, tiro con arco, patinaxe e hockey patins e boxeo e kick boxing. Nestas casos, están xestionadas polos clubs deportivos correspondentes.

No que atinxe ao deporte base, para menores de entre 4 e 16 anos, os interesados poderán optar as escolas de Fútbol, Fútbol-Sala, Ximnasia Rítmica, Voleibol, Zumba, Atletismo, Ballet, Kárate, Baloncesto, Patinaxe e Hóckey Patíns, Piragüismo, Boxeo e Kick-Boxing, e Tiro con Arco.

Xestionado polos diferentes Clubes Deportivos do Concello do Barco, Cada deporte ou modalidade estará xestionado polo Club Deportivo ao que pertence, e son eles os que determinan as idades, prezos de matrículas e forma de funcionamento, así como os sistemas de matriculación e o calendario.

Artigos relacionados

Back to top button