As redes das pistas deportivas situadas nas proximidades das piscinas descubertas do Barco, na parte final do Paseo do Malecón, serán renovadas. Así o sinalaba o alcalde socialista do Barco, Alfredo García, no pleno celebrado o pasado xoves ao responder a unha pregunta do edil de Riada Cidadá, Félix García, quen expoñía que esas redes “están rotas, desfeitas e deberían ser reemprazadas”.
O rexedor barquense respondía que “vanse quitar as redes e arranxar. Xa mercamos redes novas e de feito xa as puxemos noutras urbanizacións como a da Cerámica, e agora estamos pendentes de que cheguen máis redes”.