ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco empezará este venres a entregar as plantas do proxecto “Flores no Camiño”

En total, nesta primeira fase repartiranse máis de 300 plantas de xeranio, conchita, surfinia, petunia e verbena

Imaxe de balcóns con flores no percorrido do Camiño de Inverno polo casco antigo da vila./ Foto: A.R.

 

O Concello do Barco iniciará mañá a entrega das plantas aos veciños participantes no proxecto “Flores no Camiño”, posto en marcha pola Concellería de Turismo para engalanar as vivendas situadas nas rúas polas que pasa o camiño de Inverno.

Durante o prazo marcado para a presentación de solicitudes de participación mostraron interese propietarios de máis de 50 casas situadas nas poboacións de Éntoma, O Barco de Valdeorras, Veigamuíños, Tremiñá e A Proba.

En total, entregaranse nesta primeira fase máis de 300 plantas de xeranio, conchita, surfinia, petunia e verbena. A entrega realizarase no Pavillón Polideportivo situado na R/España, entre as 16,30 e as 19,00 horas de mañá, venres 21 de maio, para todos aqueles veciños participantes que así o desexen.

Desde o Concello estase a chamar a todos os participantes para informarlles do lugar e hora de entrega, dando opción de distribuír as flores a domicilio a aquelas persoas que así o prefiran, na data que se determine por ambas partes.

O Concello valora moi positivamente a participación conseguida nesta primeira convocatoria do proxecto, que se pretende continuar en anos sucesivos.

Artigos relacionados

Back to top button