Na noite do 12 ao 13 de maio a fachada do Concello Vello do Barco iluminábase de azul para conmemorar á celebración do Día Internacional da Enfermería. “Son varios os gobernos municipais e administracións públicas que se unirán á homenaxe ás enfermeiras, que coa súa gran profesionalidade e impecable traballo coidan cada día da sociedade ourensá”, tal e como vén de anunciar a Organización Colexial de Enfermería de Ourense.
Entre esas administacións estaba tamén, na comarca de Valdeorras, o Concello de Rubiá.
Fotos: A.R.