Dende que comezaba a escurecer neste 17 de novembro a fachada do edificio do Concello vello do Barco iluminábase de morado con motivo da celebración hoxe do Día Mundial contra o Cancro de Páncreas.
No marco tamén desta celebración o vindeiro 27 de novembro Vilamartín acollerá a quinta edición da Andaina e Carreira das Cidades Contra o Cancro de Páncreas, cun carácter benéfico que busca recadar fondos para destinar á investigación desta enfermidade.
Fotos cedidas.