En portadaÚltima hora

O Concello do Barco presenta o ciclo musical “Terrasón 2020”

17 grupos, con predominio valdeorrés, actuarán dende esta fin de semana ata as Festas do Cristo no entorno das terrazas da vila

 

O Barco de Valdeorras acollerá dende o vindeiro venres 24 de xullo ata as Festas do Cristo o ciclo musical “Terrasón 2020”. Así o presentaba nesta mañá de 21 de xullo a concelleira de Cultura, Margarida Pizcueta, “representa o son da nosa terra e tamén do Bierzo”, explicaba, xa que este programa constará de 17 grupos, con predominio valdeorrés, galego e tamén do Bierzo.

Este ciclo desenvolverase no entorno das terrazas dos locais hostaleiros da vila, xa que “queremos pequenos concertos e música ambiente”, afirmaba a concelleira. “Soul&Roll” abrirán este ciclo musical o vindeiro venres, 24 de xullo, na zona da pasarela do Malecón barquense ás 23:00 horas, e continuará o sábado co grupo berciano “The Morgans”, á mesma hora na Praza Maior. Ademais, os artistas valdeorreses no cartel son “Sr.Jingles”, Miguel Arias, “Sito Trío”, “Os Broders”, e “Los Íñigos”.

 

Margarida Pizcueta, concelleira de Cultura.

 

Os asistentes deberán estar sentados, ou nas terrazas ou en cadeiras que habilitará o concello, aínda que “serán poucas para evitar aglomeracións”. Haberá concertos todas as fins de semana en días alternos (venres e sábado ou sábado e domingo, menos a fin de semana das Festas de San Roque, que terán lugar venres, sábado e domingo). “As actuacións que teñan lugar os venres e os domingos serán en sesión vermú e as que sexan o sábado, pola noite”, aclaraba.

 

Cartel da actividade.

 

Por outra banda, todos os concertos serán en acústico e farase un percorrido por todos os estilos, “non queremos grandes concertos, queremos que nos alegren a época estival”, explicaba Pizcueta. Ademais, quixo agradecer a Jorge Álvarez “a súa axuda na configuración deste programa”.

 

Artigos relacionados

Back to top button