ConcellosO BarcoÚltima hora

O Concello do Barco promove un curso de instalación e mantemento de xardíns para desempregados

Esta formación, de carácter gratuíto, impartirase en novembro e terá unha duración de 448 horas

Exterior do Concello do Barco.

 

No mes de novembro está previsto que se imparta dende o Concello do Barco un curso de formación de “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes (Certificado de profesionalidade de nivel 2)”. O número de prazas para o alumnado está limitado (máximo 15 persoas) e a duración desta acción formativa será de 488 horas, realizándose cun horario de 9h. a 14h.

“Trátase dun curso totalmente gratuíto, dirixido prioritariamente para persoas desempregadas, apuntadas na Oficina de Emprego, estando subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria (Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral)”, tal e como informan dende o Concello do Barco.

Os requisitos de acceso do alumnado son: estar en posesión da ESO, estudos superiores, ou estar en posesión das competencias clave de nivel 2 de matemáticas, galego e lingua castelá.

As persoas que estean interesadas en realizalo curso poden acudir ao Concello Vello do Barco (praza do Concello, 1), onde se lles facilitará todo tipo de información ó respecto.

Artigos relacionados

Back to top button