ConcellosO Barco

O Concello do Barco reordenará a Praza das Airas

A Praza das Airas do Barco, tras as obras realizadas./ Foto: A.R.

 

Tras as obras realizadas de canalización e soterramento dos servizos aéreos na praza das Airas, xunto coa pavimentación da mesma e das rúas colindantes mediante adoquinado de granito, o Concello ten previsto facer unha reordenación desta zona do casco vello da vila.

“Vanse colocar bancos, xardineiras e papeleiras para reordenar a praza e tamén para evitar que se converta unicamente nun aparcadoiro”, tal e como anunciaba o alcalde do Barco, Alfredo García, no pleno do 6 de maio en resposta a unha pregunta formulada polo concelleiro de Riada Cidadá, Félix García.

Con respecto ao aparcamento de vehículos neste punto, o rexedor sinalaba que “temos o compromiso do dono dun solar que dá á avenida Manuel Quiroga para convertelo en aparcadoiro, con prazas suficientes para o casco vello e para Manuel Quiroga”.

Tamén nese solar está previsto que se volvan instalar, seguramente en xuño, os contenedores de lixo que antes estaban situados na Praza das Airas. “Vanse cambiar para estean pegados ao paso de peóns para facilitar o acceso das persoas. Ademais na Praza das Airas o camión tiña moitos problemas para poder acceder”, aseguraba Alfredo García.

Artigos relacionados

Back to top button