En portadaÚltima hora

O Concello do Barco sortea as mesas electorais con algún cambio de ubicación

A principal modificación podería ser a da mesa do Concello do Barco, para a que se propuxo o seu traslado á Praza de Abastos

 

O Concello do Barco sorteou nesta mañá de 16 de xuño as mesas electorais para as próximas eleccións galegas nun pleno extraordinario. En total O Barco terá 18 mesas electorais nestes comicios (as mesmas que nos anteriores), situadas en 12 locais electorais: Teatro Lauro Olmo, no edificio de usos múltiples, na gardería municipal, na escola de Éntoma, na escola de Vilanova, na escola de Veigamuíños, no CEIP Julio Gurriarán, na Casa do Río Cigüeño, na Biblioteca municipal, no IES Martaguisela, no Concello do Barco e no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira. Para cada posto haberá 9 suplentes, como nas eleccións anteriores.

Debido á situación actual e co fin de garantir a seguridade, o Concello do Barco propuxo á Xunta Electoral algúns cambios nos locais de votación. É o caso da mesa situada nos baixos do Concello do Barco que podería pasar a ubicarse na Praza de Abastos. No Teatro Lauro Olmo prevese habilitar unha porta de entrada e outra de saída para facilitar o acceso. Ademais, tanto neste último local como no do IES Martaguisela podería haber cambios de ubicación das mesas dentro dos propios edificios para garantir a seguridade.

Esta sesión extraordinaria tiña como único punto da orde do día o sorteo para elixir aos presidentes, vogais e suplentes. Así, o alcalde do Barco, Alfredo García apuntou que estaba sendo un pouco máis complicado que noutras ocasións organizar estas eleccións de cara a poder garantir a seguridade e cumprir as medidas marcadas polas autoridades sanitarias.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button