Ante a evolución dos casos de coronavirus no Barco e as restricións establecidas dende a Consellería de Sanidade, dende o Concello vén de informarse da suspensión “das actividades previstas para esta semana no Teatro Lauro Olmo (proxeccións de cine e representación teatral), así como da feira de Viloira do día 6 de outubro. Tamén queda suspendida a xornada sobre castiñeiros organizada para mañá, 2 de outubro, no salón de actos do edificio multiusos”.
Ademais dende o Concello do Barco indícase que se volverá “a estudar a situación ao tempo que o fagan as autoridades sanitarias da Xunta de Galicia, mantendo a suspensión de actividade mentres sigan as medidas restritivas determinadas polo goberno galego”.